CATORCE VERSOS DO GITA

(Shri Gita Chalisa para leitura diaria)


"Text courtesy of American Gita Society (AGS), www.gita-society.com."
All works of AGS may be used without a written permission
for non-commercial purposes only. Text under " " must appear on
your website or wherever IGS material is used.

Ofrezcolle miña obediencia ó Señor Krishna, mestre do mundo, quen é fillo de Vasudeva, o removedor de toda-las trabas, a suprema bendición da Sua nai Devaki, e que pola sua gracia fai elocuente o mudo e o coxo cruzar montañas.

Dhritraashtra dixo: O Sanxaia, reunidos no santo campo de Kurukshetra e con desexos de loita, que fixeron a miña xente e os Paandavas (1.01)

Sanxaia dixo: O Señor Krishna falou estas palabras a Arxuna, cales ollos estaban cheos de bágoas e deprimido, e quen estaba abrumado pola compaixón e a angustia. (2.01)

O Señor Supremo dixo: Láiaste por aqueles que non son merecentes de pena, e ainda falas coma un sabio. O sabio non se lamenta nin polo vivo nin polo morto. (2.11)

Asi coma o Espíritu adquire un corpo de neno, un corpo de xoven, e un corpo de vello durante a súa vida, semellantemente o Espírito adquire outro corpo trala morte. O sabio non se engana por esto. (2.13)

Asi coma unha persoa pon roupas novas despois de deixar as vellas, semellantemente o Espírito adquire novos corpos despois de deixar os vellos. (2.22)

Tratando pracer e pena, medra e perda, e victoria e derrota do mismo xeito, ocupate no teu deber. Cumprindo o teu deber non pecaras. (2.38)

So tes control sobre o teu deber, máis non control ou dereito sobre os resultados. Os froitos da acción non han de selo teu motivo. Nunca debes estar inactivo. (2.47)

Un Karma-Iogi, vólvese ceibe de vicio e virtude nesta mesma vida. Polo tanto esfórzate no Karma-Ioga. A acción feita o mellor que se pode, sin vencellarse os froitos da acción chamaselle o Karma-Ioga. (2.50)

A mente, cando está controlada polos sentidos alonxa o intelecto, coma unha tormenta alonxa o bote no mar do seu destiño, a costa espiritual. (2.67)

toda-las acciós están a ser feitas pola enerxía e o poder da natureza, pero pola ilusión do ego, a xente asume que eles son os facedores, e incurren en escravitude Kármica. (3.27)

Sabendo que o Espírito e superior o intelecto, e controlando a mente polo intelecto (purificado polo autocoñecemento), un debe matar ese poderoso rival , a luxuria, Arxuna. (3.43)

Sempre que baixa o Dharma e xurde o Adharma, O Arxuna, entón Eu aparezo (ou manifestoMe). Eu aparezo de tempo en tempo para protexelos bos, para transformalo malvado, e para establecelo Dharma, a orde do mundo. (4.07-08)

As catro divisiós -baseadas na aptitude e a vocación- da sociedade human foron creadas por Min. Eu son o autor dese sistema, e has saber que Eu non fago nada e son Eterno. (4.13)

Aquel que ve inacción na acción e acción na inacción, e unha persoa sabia. Dita persoa e un Iogi e cumpriu todo. (4.18)

Brahma e o ofrecemento. Brahma e a manteiga clarificada. O ofrecemento e servido por Brahma no lume que tamén e Brahma. Brahma será realizado por aquel quen considera todo coma (a manifestación ou)un acto de Brahma. (4.24)

Verdadeiramente, non hai purificador neste mundo coma o Autocoñecemento. Quen se purifica polo Karma-yoga, descubre este coñecemento interno (naturalmente) no curso do tempo. (4.38)

Pero a renuncia de motivos egoistas (Samnyaasa) e difícil de acadar sen Karma-Ioga. Un sabio equipado co Karma-Ioga de contado acada o Nirvana. (5.06)

Quen fai toda-las acciós coma unha ofrenda o Señor- desvencellado dos resultados- non é tocado polo pecado (ou reacción Karmica) asi coma unha folla de Loto non é tocada pola auga. (5.10)

Quen Me ve en todo e ve todo en Min, non está separado de Min, e Eu non estou separado de él. (6.30)

Catro clases de persoas virtuosas adoranme ou procuranme, O Arxuna. Eles son: O anguriado, o buscador do Autocoñecemento, o buscador de riqueza, e o sabio que coñece o Supremo. (7.16)

Dempois de moitos nacementos o sabio descansa (ou ríndese) a Min sabendo que todo e, realmente, a Miña manifestación. Unha alma tal e moi rara. (7.19)

Os ignorantes -sen poder comprender a Miña inmutable, incomparable, incomprensible e trascendental forma (ou existencia)- cren que Eu, o Ser Supremo, son sen forma pero tomo forma. (7.24)

Aquelo obxeto que lembramos cando deixamos o corpo o remate da vida, ese obxeto conquerimos, O Arxuna, por causa do constante pensar no devandito obxeto (lembramos o obxeto o remate da vida e conquerimo-lo). (8.06)

Polo tanto, sempre lémbraMe e cumpre o teu deber. Certamente chegarás a Min, si a tua mente e o teu intelecto están fixos en Min. (8.07)

Eu son fácil chegar a Min, O Arxuna, por eso o Iogi sempre pensa en MIn, e a sua mente non vai a ningures. (8.14)

Eu persoalmente cuidarei do benestar de aqueles devotos constantes que sempre Me lembran e me Adoran con unha mente centrada na contemplación. (9.22)

Calquera que Me ofrece unha folla, unha flor, unha fruta ou auga con amor; Eu acepto tal ofrenda de devoción pola pureza do corazón. (9.26)

Fixa a tua mente en Min, selo Meu devoto, adouraMe, e reverenciaMe. Unifícate conMigo e fai de Min a tua suprema meta e o teu único refuxio, certamente virás o meu carón. (9.34)

Eu son a orixe de todo. Todo xurde de Min. Entendendo esto,

adourame o sabio con amor e devoción (10.08)

Quen fai toda-las suas acciós para Min, e quen depende de Min, quen e meu devoto, quen non ten vencellamentos, e esta ceibe de enemizade con calquer ser, chega a Min, O Arxuna (11.55)

Aquel que olla o mesmo Supremo Señor (o Espírito) inmutable habitando en todo Ser mortal verdadeiramente ve. (13.27)

Quen me serve con amor e firme devocion trascende os tres modos da Natureza material, e vólvese axeitado para o Nirvana (14.26)

Eu estou sentado no corazon de todo-los seres. A memoria, o coñecemento, o remate das dubidas e dos conceptos errados (sobre Deus polo razoamento, ou nun trance) veñen de Min. Eu son verdadeiramente o que se coñece por (o estudio de) todo-los Vedas. Eu son, de certo, o autor do Vedanta e o coñecedor dos Vedas (15.15)

Luxuria, ira e cobiza son as tres portas do inferno, levando a caida (na escravitude) da Alma individual. Enton, hai que (aprender a) abandona-las tres (16.21)

Falar sen ofender, con verdade, axeitadamente, con ben, e face-lo para o regular estudio das escrituras e chamado a austeridade da verba (17.15)

Por devocion verdadeiramente enténdese que, e quen Eu son en esencia. Coñecéndome en esencia,de contado vense a Min. (18.55)

O Señor supremo habita no corazón de todo-los seres, O Arxuna, causando que todo-los seres actuen (ou executen o seu karma) polo Seu poder de Maia coma si fosen (marionetas do Karma) parte dunha maquina (18.61)

Trascendendo toda-las nobres accios, réndete de todo a Min (con fe firme e contemplación amorosa). Eu ei de librarte de todo-los teus pecados (ou ligaduras Kármicas). Non dubides. (18.66)

Aquel que espalle (ou axude no espallamento en calquer xeito) filosofía Suprema e Secreta do Bhagavad Gita

entre os Meus devotos, esta a facerMe o maior servicio devocional, El ou Ela serán moi queridos para Min, e certamente virán a

Min. (18.66)

Sanxaia dixo: Onde este Krishna, o Señor do ioga (na forma das escrituras), e Arxuna con as armas do deber e a protección, alí estará a prosperidade, a victoria, a felicidade e a moralidade imperecedeiras. (18.78)

Que o Señor nos bendiga a todos con Bondade e Paz.

INTERNATIONAL GITA SOCIETY

(tamén coñecida como Sociedade American do Gita)

A International Gita Society (IGS) esta rexistrada como unha institución espiritoal non lucrativa, exenta de impostos nos Estados Unidos de America baixo a Sección 50 (c) do Código IRS. Foi fundada no año 1984 para alumear e servir a humanidade a través do Bhagavad-Gita. Entre as metas e obxetivos da IGS están os seguintes:

1) Publicar o Bhagavad-Gita en Inglés e outras lingoas e distribui-la a costo subsidiado nominal, e poñe-lo Gita nas librerias, hospitais, hoteis, moteis e outros lugares publicos.

2) Espallar as enseñanzas básicas, non sectarias e Universais do Bhagavad-Gita e outras escrituras Védicas nunha lingoaxe fácil de entender.

3) Procurar apoio, e guia no establecemento de Grupos de Estudio e Discusión, e procurar cursos gratuitos por correspondencia para os xoves, estudiantes, executivos e outras persoas interesadas.

4)Rompe-las barreiras entre fés, e establecer a unidade de razas, relixions, castas e credos coas inmortais e non-sectarias ensinanzas dos Vedas, Upanisads, Gita, Ramayana, así como as demais Escrituras Sagradas do mundo.

Elexindo calquer proxecto pode vostede pasar a ser parte do Taboleiro de Directores. Non se pide diñeiro os nosos Directores so Servicio (Seva). Vostede pode desenvolver o seu proxecto do xeito que quera e a Sociedade daralle guia e os beneficios da deducción fiscal (si ouvese lugar). Velaí algunhas cousas que pode facer:

Distribuir a nosa edición do Gita de bolsillo os amigos, librerias, escolas; 2) Traducilo Gita a calquer linguaxe da sua elección. Nos publicarémolo. 3) Escribir un artigo para o noso website,4) Axudar o noso Proxecto de Ashram Prisión, 4) Axudar a calquera das nosas Ramas Internacionais en Canada, Brazil, Belgium e India; 6) Axudarnos a desenvolver un Centro Hindú en Brasil (temos unha granxa de 88 acres para facelo), 7. Escoller calquer outro proxecto da sua preferencia, 8) Copiar e distribuir esta Página da Chalisa ou 9) enviarnos a sua doación deducible de impostos a: International Gita Society, 511 Lowell Place, Fremont, Ca. 94536-1805, Teléfono (510) 791 6953.

Visite o noso sitio: www.gita-society.com/free Gita.htm

e pida o Gita tamaño bolsilo ou descargue o Bhagavad-Gita completo. Todo-los nosos servicios son de balde.

Email:gita@gita-society.com

Download this page from:

www.gita-society.com/chalisa-eng.pdf.